SEMANA 25 AO 29 (2º parte)

 


Ola de novo!

Preguntarédesvos por que comezamos hoxe cunha foto de México?

Pois... 

Estes vindeiros meses, todo o cole Eusebio realizará xunto cos ratiños da Biblioteca, un proxecto no que viaxaremos por moitos países do mundo. 

O país que imos coñecer os de 5 anos é MÉXICO!

Esta é a notiña coa que dámosvos a coñecer a nosa viaxe:

CARTA PARA AS FAMILIAS

Xa sabedes que sempre contamos coa vosa colaboración. Grazas!!


E, se queredes saber máis da historia de Don Eusebio e Dona Modesta e o porque do noso proxecto, PREMEDE AQUÍ 




LETRAS
Ademais de facer actividades sobre México, tamén seguimos recoñecendo e trazando letras. Recordade que estamos presentando as minúsculas. 
Propoñémosvos unha actividade xeitosa e doada para facer con cousas que teñades na casa, por exemplo, lentellas

SUMAS
Xa sabemos que sumar é o mesmo que xuntar, e cada vez o facemos mellor! 
 Podemos practicar na casa, primeiro sumando xoguetes, macarróns, ceras...

Despois de xogar moitas veces a xuntar cousas e contalas, intentaremos facelo nunha ficha.
 Por aquí deixámosvos unha onde resolveredes as sumas contando os dedos que aparecen debuxados. 




Estade moi atentos porque estes días publicaremos información relacionada co ENTROIDO










Comentarios