🏴 Benvenuto in Italia: MADLENKA ATERRIZA EN ITALIA. SEMANA DO 17 AO 23 DE NOVEMBRO DE 2020



CHEGAMOS A ITALIA!




A nosa Madlenka estaba tan emocionada que foi onde o camión do señor Ciao para contarlle tamén o do seu dente. O señor Ciao era italiano e vendía uns xeados riquísimos. Xuntos falaron de Italia, da torre de Pissa, das góndolas de Venecia...
Ao longo desta semana coñeceremos xuntos: lugares, comidas, nomes... ata o idioma italiano. Estade moi atentos!!!




TINA Y LOS FIELTRONITOS

Para comezar a nosa viaxe, podedes ver este vídeo pinchando na imaxen. 
Recorreredes Italia cunha nena chamada Tina. Con ela coñeceredes lugares e persoas moi interesantes





Se tedes ganas de coller o lapis, aquí vos deixamos unha ficha cos principais lugares e monumentos de Italia. Con axuda dun maior, podedes escribir o nome de cada un segundo o código de números que aparecen no mapa


Nesta ficha hai que poñer os nomes de Madlenka e dalgúns elementos de Italia. 
Se pinchades abaixo podedes imprimir a ficha e tamén as palabras que corresponden a cada unha das imaxes.















Comentarios