Levamos días reforzando o trazo das vogais minúsculas xa que grazas a elas conseguiremos chegar a facer todas as letras do abecedario. Esta semana tócanos a letra a e a letra o
Antes de facer os trazos sobre o papel podedes
PRACTICAR DE XEITOS DIVERTIDOS.
Por exemplo, botando sal ou fariña nun prato ou bandexa e trazando a letra co dedo. Tamén resulta moi entretido facelo despois de extender un pouco de espuma de afeitar nunha superficie lisa.
Por aquí vos deixamos unhas fichiñas:
PREMEDE AQUÍ PARA DESCARGAR A FICHA DA LETRA A
PREMEDE AQUÍ PARA DESCARGAR A FICHA DA LETRA O
Se queredes repasar todas as vogais ao tempo que coloreades, entón imprimide esta ficha e pintade según a consigna de cores que está na parte de arriba
PREMEDE AQUÍ PARA DESCARGAR A FICHA DE COLOREADO
Tamén estamos aprendendo a escribir O NOSO NOME CON MINÚSCULAS .
Aínda non nos saen todas as letras ben, pero seguimos intentándoo.
MOITO ÁNIMO!!
Seguirán aparecendo actividades neste blog nos vindeiros días. Estade moi atentos...
Comentarios
Publicar un comentario